ACORDO do 7 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada “Monte Redondo” núm. 325, situada no termo municipal de Vilalba, na provincia de Lugo

Compartir
Actualizado o: 15 maio 2023

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 30/03/2023 - 15/05/2023

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e na dirección web da dita Consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Xefatura Territorial de Lugo