ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) David, fracción primeira, número 6014, na provincia da Coruña
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 09/08/2023 - 20/09/2023
A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña fai pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos da sección C) David fracción primeira, número 6014, na provincia da Coruña, presentada por Pasek Minerales, S.A.U.
O que se fai público para xeral coñecemento acordo co establecido na disposición transitoria sétima da Lei 21/1973, do 21 de xuño, de minas, e en aplicación dos artigos 2 e 3 do Real decreto 294/2016, do 15 de xullo, polo que se establece o procedemento para a xestión de dereitos mineiros e dos dereitos de dominio público de hidrocarburos afectados polo cambio de sistema xeodésico de referencia, do terreo franco e non rexistrable existente en 9 cuadrículas mineiras ocupadas parcialmente polas concesións de explotación de recursos mineiros da sección C) David, fracción 1ª, número 6014, e Herbeira, número 6076, situadas en Cariño, A Coruña.
Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasía poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º andar, A Coruña, ou neste Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería, e presentar as alegacións que consideren no prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto; BOE núm. 295, do 11 de decembro, e o artigo 21 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.