ACORDO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de outorgamento da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada Pereiro número 365, presentada por Áridos Besteiro, S.L. e situada no concello de Castroverde, na provincia de Lugo

Compartir
Actualizado o: 22 novembro 2023

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 10/10/2023 - 22/11/2023

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/entramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo