ACORDO do 25 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada Miragres número 277, situada no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 19/10/2023 - 30/11/2023
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita Consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.