ACORDO do 10 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o plan de restauración presentado xunto coa solicitude de prórroga da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Santa Bárbara V, número 5354, situada no concello de Quiroga, na provincia de Lugo.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 20/11/2023 - 04/01/2024
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita Consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.