Acordo do 10 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación de recursos da sección C) denominado "Hilda” número 5883, situado nos termos municipais de Lourenzá e Mondoñedo, na provincia de Lugo.

Compartir
Actualizado o: 19 xaneiro 2024

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 05/12/2023 - 19/01/2024

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/entramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Xefatura Territorial de Lugo