ACORDO do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Costa do Cuzo número 129, situada no concello de Santa Comba (A Coruña), promovida por Canteira da Mina, S.L.

Compartir
Actualizado o: 10 maio 2024

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 27/03/2024 - 10/05/2024

  As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.