ACORDO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o plan de restauración e o proxecto de explotación presentados xunto coa solicitude de prórroga da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión Fracción 1ª número 5356.1.1, situada nos concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, na provincia de Lugo.

Compartir
Actualizado o: 10 xullo 2024

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 30/05/2024 - 10/07/2024

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración e o proxecto de explotación atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita Consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

 

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo