ANUNCIO do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos da sección C) ampliación As Revas número 5873.1, presentada por Canteras Isidro Otero, S.L.

Compartir
Actualizado o: 30 outubro 2024

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 13/12/2024

 O Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo fai pública

a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos da sección C) ampliación As Revas número 5873.1, presentada por Canteras Isidro Otero, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 57.1 do Real

decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, e do artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

De acordo co establecido no artigo anterior, ábrese un período de información pública

dunha duración de trinta días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste

anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Xefatura Territorial de Lugo