ACORDO do 31 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), denominada Trinidad número 257, situada no termo municipal de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

Compartir
Actualizado o: 02 maio 2025

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 05/05/2025 - 13/06/2025

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudio de impacto ambiental, atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita Consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo