ACORDO do 11 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto e integración paisaxística mineira, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da concesión de explotación Montesalgueiro número 7093, situada no concello de Aranga (A Coruña), promovida por Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste, S.L.
Actualizado o: 01 xullo 2025
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 02/07/2025 - 13/08/2025
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial da Coruña - Xefatura Territorial da Coruña