ACORDO do 25 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de peche e abandono e plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Gracián núm. 206, situada no concello de Castroverde, na provincia de Lugo.

Compartir
Actualizado o: 18 xullo 2025

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 21/07/2025 - 02/09/2025

Durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, o proxecto de peche e abandono e plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Gracián núm. 206, situada no concello de Castroverde, provincia de Lugo, e promovido por Áridos Besteiro, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas

polo devandito proxecto poderán examinalo nas dependencias deste departamento territorial, rolda da Muralla, 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da consellería: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/ explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo