RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico das Penizas, sito nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei da provincia de Pontevedra (IN408A 2017/06).

Compartir
Actualizado o: 15 abril 2020

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 15/04/2020

O cómputo do prazo iniciarase no momento en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm 67, do 14/03/2020) ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

Anuncios no DOG

Tema/s: Enerxía
Organización/s: Xefatura Territorial de Pontevedra