GalegoCastellano

Acordo do 8 de agosto de 2022 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que isto implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova – SET Santiago de Compostela, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), (exp. IN408A 2020/166).

Compartir
Actualizado el: 03 octubre 2022

Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias

Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 23/08/2022 - 03/10/2022

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.