ACORDO do 8 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto LAT 132 kV SET parque eólico Troitomil-LAT 132 kV SET parque eólico Banzas/SET colectora Lousame, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña) (expediente IN408A 2020/153).

Compartir
Actualizado el: 16 noviembre 2022

Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias

Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 04/10/2022 - 16/11/2022

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes