ACORDO do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV evacuación parque eólico Olerón nos concellos de Rois, Lousame e Noia (A Coruña) (expediente IN408A 2020/121)
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 09/08/2023 - 30/08/2023
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.