ACORDO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2022/234-1)
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 18/09/2023 - 31/10/2023
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Os documentos que as persoas interesadas dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da administración ou organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da dita lei 39/2015
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.