ACORDO do 1 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1)

Compartir
Actualizado o: 07 novembro 2023

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 25/09/2023 - 07/11/2023

 As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG

Tema/s: Enerxía
Organización/s: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Xefatura Territorial da Coruña