ACORDO do 22 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2024/180-1).
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 16/11/2024 - 03/01/2025
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Os documentos que as persoas interesadas dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da administración ou organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da lei 39/2015
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.