ACORDO da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, industria e Innovación polo que se somete a información pública o proxecto da instalación de almacenamento de produtos petrolíferos no Porto Exterior de Ferrol, promovido por Terminal de Líquidos Ferrol, SL. (expediente SEM-E 2021/60b).

Compartir
Actualizado o: 25 marzo 2024

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 05/03/2024 - 25/03/2024

 As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.