Proxecto Triskelion de produción de metanol verde
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 22/06/2023 - 03/08/2023
Anuncio do 6 de xuño do 2023, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto denominado Triskelion, planta de produción de metanol verde, declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de outubro de 2022, a implantar no concello de Mugardos (A Coruña).