Planta de biofibra reciclada branqueada Biofibras de Galicia, S.L.U
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/02/2024 - 04/04/2024
Anuncio do 12 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha planta de biofibra reciclada branqueada, promovido por Biofibras de Galicia, S.L.U., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de xuño de 2023, que se vai implantar no concello das Pontes de García Rodríguez.