Planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo promovido por Stolt Sea Farm, S.A.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 25/03/2024 - 08/05/2024
Anuncio do 15 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se somete a información pública o proxecto dunha planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo (A Coruña), promovido por Stolt Sea Farm, S.A. e declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xaneiro de 2024.