Planta de fabricación de hidróxeno verde en Arteixo (A Coruña) promovido por Accionaplug, S.L.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 25/04/2025 - 09/06/2025
Anuncio do 16 de abril de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto dunha planta de fabricación de hidróxeno verde en Arteixo (A Coruña), promovido por Accionaplug, S.L., declarado proxecto industrial estratéxico.