Planta de conversión de madeira en carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 06/05/2025 - 17/06/2025
Anuncio do 2 de maio de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se somete a información pública o proxecto dunha planta de conversión de madeira en carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U., a implantar no concello de Dumbría (A Coruña), declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de decembro de 2024.