Planta de conversión de madeira en carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U.

Compartir
Actualizado o: 14 xullo 2025

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 15/07/2025 - 27/08/2025

Anuncio do 9 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se somete a información pública o proxecto dunha planta de conversión de madeira en carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U., a implantar no concello de Dumbría (A Coruña), declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de decembro de 2024.