Resolución do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto construtivo, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental para o recrecido do depósito de lodos vermellos, situado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo e promovido por Alúmina Española, S.A.

Compartir
Actualizado o: 13 setembro 2022

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 02/08/2022 - 13/09/2022

 durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita Consellería:

(https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Xefatura Territorial de Lugo